sábado, 6 de abril de 2013

Primeiros pasos.

Estamos comezando a pensar como estruturar o material, e para iso o mellor é saber os contidos que se manexan en Primaria.




Comezamos buscando a Lexislación da Educación Primaria en Galicia, da que estivemos vendo a semana pasada na sesión CLEO as diferentes áreas nas que se divide. O noso traballo vaise centrar na área de coñecemento do medio natural, social e cultural.




(Pódese consultar o documento completo no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXC/libros/Primaria.pdf )

Tamén estivemos mirando páxinas web relacionadas co contido a tratar. Aquí deixamos o enlace de algunha:
http://www.wikisaber.es/Contenidos/LObjects/breathing%20and%20respiration/launch.html Este enlace lévanos a un xogo divertido, no cal, hai que atender a un paciente "montándolle" os pulmóns, larinxe, tráquea, diafragma... e unha vez posto todo no seu lugar dámoslle a REANIMAR. A ver si o fixemos ben!! Seguramente incluamos un enlace a esta páxina na presentación do traballo.

-http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/edilim/curso_4/cmedio/la_nutricion/la_respiracion/la_respiracion.html Unha breve explicación acompañada con actividades de clasificación, de completar, de relacionar, fotografías...

No hay comentarios:

Publicar un comentario