martes, 30 de abril de 2013

BUSCANDO EFECTOS DE SONS

Xa levamos un bo anaco buscando efectos de sons para poñer na nosa presentación. Estábamos pensando en usn sons para as respostas erróneas como: wa wa waaa ou meeeec, pero parécennos moi electrónicos e igual nos dá por gravalos nós. Para as respostas correctas, estabamos pensando en uns aplausos ou un son agradable, pero aínda non nos decidimos.


O final, decidímonos por coller os sons para as respostas da páxina http://www.sonidosmp3gratis.com/ para os efectos de son das respostas acertadas e fallidas.




E para o son de fondo da presentación, decidímonos polas Catro estacións de Vivaldi recuperadas de http://www.youtube.com/watch?v=yb8icchy4H4 e descargadas mediante http://www.force-download.es/




sábado, 20 de abril de 2013

Hipervínculos e animacións listas!!!!

Despois de unha hora programando as animacións e poñendo hipervínculos... ACABEI!
Xa estaba algo mareada!!
                                           Sorprendido  http://www.gifss.com/smilies/sorprendidos/

Xurdeume un problema á hora de poñer os hipervínculos: CAMBIOUME A COR DA LETRA, a ver se David o arranxa, que se desenvolve mellor cos ordenadores.

Deixovos unhas imaxes do problema:
Esta antes de poñer os hipervínculos


Despois...


Agora quédanos añadir un par de diapositivas finais e acordar se poñemos ou non transicións e cal/es. E a Unidade Didáctica, que xa temos máis ou menos estructurada.

Seguiremos informando dos avances!



viernes, 19 de abril de 2013

NECESITAMOS UN NOME

Boas tardes.

A raíz do proxecto estamos creando unha serie de persoaxes guía como son :






LAURA





E






DAVID






Pero súrxenos un problema ó querer poñerlle nome ó mestre, non nos damos decidido, polo que solicitamos que nos axudedes a buscarlle un nome.



GRAZAS.

Editando Imaxes




O primeiro de todo foi abrir o Photoshop para empezar a editar as imaxes.


Aquí temos a edición dos persoaxes:
1º Sacámoslle o fondo.
2º Damos un pouco de cor.
3º Volteámolas para poder colocalos en diferentes posicións.





Despois fixen os fotogramas para o gif

( creo que ahora veo todo por puntos)



Abrir o Photoscape, e elexir a opción de Gif animado, foi o seguinte paso.



E case terminando, teño que buscar a carpeta onde gardei os fotogramas, ir arrastrandoos cara a pista e fixar o tempo.

Dámoslle a gardar e listo!

Montaxe Powerpoint!!

O traballo comeza a ter forma!

Parece que todo vai encaixando, de momento non atopamos moitos problemas, pero xa chegarán cando empecemos a poñer hipervínculos, animacións, transicións...

David vai intentar deseñar un gif animado sobre o proceso respiratorio, a ver como queda!!

Subimos unhas imaxes para que vexades como nos está quedando :)







miércoles, 17 de abril de 2013

Boas tardes!


Onte volvemos quedar para avanzar no traballo. Eu (Laura) trouxen redactado en Word a teoría que podemos incorporar no traballo, para iso, estiven investigando en diferentes libros de 3º e 4º de Primaria que me deixaron prestados.


Logo, comezamos a organizar a estrutura das diapositivas da presentación. O primeiro boceto quedounos así:


Aínda que parezca que non...entendémolo!! jajaja

David encargouse de modificar varias imaxes con Photoshop e con Photoscape.
 Quitoulle o borde a unhas imaxes  para que se poidan incorporar en diferentes fondos, a outras doulles cor  para que sexan máis atractivas, etc.




E logo tamén estivo modificando estas imaxes cambiándolle o brillo, perfilado, etc.






lunes, 8 de abril de 2013

Unha tarde na Conchi

Tarde de choiva. Laura e David diríxense á Conchi para unha posta en común das súas ideas para o traballo de Escola Comunide e TIC.
Unha tarde productiva, case máis de dúas horas desparramando ideas e buscando dudas para consultarlle ó mestre.
Xa van indo para as sete e media e dispoñémonos a ir indo para casa, donde nos espera resolver algunhas das tarefas que nos propuxemos para dito traballo.